Que nome de muller lle darías aos edificios administrativos do campus de Vigo?
A proposta do equipo de Goberno da Universidade de Vigo (UVigo), farase unha consulta pública dentre a comunidade universitaria para nomear con nome de MULLER os tres edificios administrativos do campus (Reitoría, Xerencia e Anexo á Xerencia).
Esta idea pretende render homenaxe, amosar e poñer en valor as personalidades das mulleres que foron partícipes do desenvolvemento cultural de Galiza.